|
FURAVENTOS arriba a súa dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa onde, grazas ás mazás da inmortalidade, MERLÍN, MORGANA e o rei ARTUR levan vivindo mil cincocentos anos.
O noso intrépido FURAVENTOS terá que sortear moitos atrancos porque en Avalón nunca se sabe o que pode ocorrer.
O espectáculo MERLÍN é unha montaxe para gozar e compartir o noso entusiasmo polo teatro onde predomina o respecto á cultura e á natureza.
Achegámonos á fantástica literatura Artúrica que encheu a imaxinación das xentes desde hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, Uther Pendragón, Nineve, Mondred e por suposto Merlín, Morgana e o Rei Artur...
En MERLÍN combinamos a interpretación actoral con cancións, batallas, pequenas maxias e algún boneco que nos acompaña na nosa aventura por Avalón, a “Illa das mazás”. |
|
|
Este é o portal de Merlín, a nova obra da compañía “Os Quinquilláns”.
Invitámoste a coñecer o noso proxecto a través desta páxina. Anímate a formar parte da comunidade de Merlín: suscríbete e colabora cos teus escritos, debuxos, ...o que máis che guste sobre os nosos personaxes.
Merlín xa anda percorrendo vilas e cidades. Estamos programados na rede galega de teatros e auditorios e tamén nos circuítos da deputación da Coruña.
Tamén podemos actuar noutros auditorios, casas de cultura, teatros e colexios.
Para máis información contacta con nós. |
|
|
OS PERSONAXES DA OBRA.
FURAVENTOS.
É un raparigo intrépido, aventureiro e valente. É, en todos os sentidos, un mociño do S. XXI, coñecedor das novas tecnoloxías e amante da natureza, as aventuras e a Historia. FURAVENTOS non ten moitos prexuízos, tan axiña pode estar escoitando música moderna como descubrindo un novo roteiro natural ou fotografando un castro ou unha torre medieval abandonada.
Quere recuperar a Festa do Gran Dragón de Porto Vello, que en tempo dos seus avós mantiña unido ao pobo, pero o Gran Dragón estragouse. Soamente FURAVENTOS sabe, grazas a un segredo que os seus avós lle confiaron, que na Illa Maldita vive |
|
Ler máis...
|
|
|